O pasado venres, a profe Cris de prácticas guiounos nunha fermosa actividade para celebrar o Día de Rosalía de Castro. Descubrimos diferentes especies do seu herbario, observámolas con atención, debuxámolas e mesmo as prensamos para conservalas. Falamos desta muller e da súa labor e marcamos o seu aniversario no noso calendario. Grazas, mestra Cris, por achegarnos un pouquiño máis á figura de Rosalía!
No hay comentarios:
Publicar un comentario