Este martes desfrutamos dunha CRAvivencia na escola de Pousada acompañados dos nenos e nenas de Paredes, co motivo de pasar unha xornada moi artística visitando o museo virtual MUV instalado nesta escola.
Comezamos a mañá enasamblea falando sobre a obra que descubriramos na escola e recreamos o vivido na nosa inmersión artística inspirada na obra de Urbano Lugrís. Facendo unha pequena mostra do vivido, rexistrando a nosa experencia e incoporándoa ao museo da escola. Despois mesturámonos en grupos e mentres uns visitamos o MUV e desenvolvimos diversas propostas creativas de robótica descubrindo os cadros do museo, outros desfrutamos de outros obradoiros artísticos inspirados en artistas da exposición:
- O primeiro obradoiro foi inspirado na obra de Misha Bies Golas. En primeiro lugar observamos a obra, reflexionamos sobre ela e verbalizamos o que nos transmitía, a qué nos evocaba....Logo creamos as nosas propias obras en 3 formatos diferentes: pintura, composicións de obxectos individuais e composición en grupo. Engadimos ademais a actividade a fotografía das nosas composicións e incluso a edición, sendo o alumnado o responsable tanto de fotografiar como de editar as imaxes.
- O segundo obradoiro estivo inspirado na obra de Jorge Barbi, creando obras a partir de manchas tal e como el facía coa fotografía de cacas de gaivota. Para este obradoiro empregouse a pantalla dixital, acuarelas e rotuladores para crear as súas obras artísticas partindo de manchas.
O mellor do día foi poder relacionarnos, interaccionar, xogar e coñecer un pouco máis os nosos compañeiros e compañeiras das outras escolas e desfrutar dunha deliciosa merenda con todos eles.
VISITA AO MUV, AO MUSEO DE POUSADA E OBRADOIRO DE ROBÓTICA
MERENDA E TEMPO DE XOGO NO EXTERIOR
No hay comentarios:
Publicar un comentario