Hoxe os nosos compis Icía, Pablo, Triana e Uxía visitaron a Base da Brigada Forestal Helitransportada de O Campiño xunto ao resto de alumnado de 6° de Educación Infantil do CRA.
Alí descubriron o duro traballo que realizan os bombeiros forestais, as ferramentas e vehículos cos que contan para apagar o lume, o traxe especial co que se protexen, e algunhas precaucións que debemos tomar nós ante o lume.
Ademais puidemos subir no camión e facer sonar a alarma, utilizar a mangueira, visitar a "casiña de chocolate" dende onde se recolle toda a información dos incendios, practicar co batelumes.. e probar o que se sente ao estar nos mandos do helicóptero!
Foi unha mañá moi didáctica e emocionante! 💚
No hay comentarios:
Publicar un comentario