A Escola de Figueirido forma parte do CRA de Vilaboa.Consuelo González Martínez

jueves, 21 de marzo de 2024

Picnic poético🌷📖 🧺



Unha cesta de picinic na aula sorprendeunos está mañá e anticipounos o marabilloso día que estaba por vir. Preparamos un delicioso picnic literario para celebrar a chegada da primavera e conmemorar o Día da Poesía

Gracias aos deliciosos aguacates que nos trouxo Icía e a sua familia da árbore da súa casa, e ao libro de receitas que nos prestou a familia de Mario, preparamos a merenda para o noso picnic: Tostadas de aguacate con tomate e queixo fresco. 

Analizamos a receita e rexistramos os seus ingredientes, primeiro de forma conxunta e despois individual.  De seguido puxémonos mans á obra e tostamos o pan, cortamos e raiamos o tomate, o aguacate, botámoslle o queixo fresco, aceite e sal e preparamos as nosas deliciosas e saludables tostadas. 

Despois desfrutamos dun picnic escoitando poesías e compartindo a merenda ! 

Moitas grazas familias pola vosa colaboración ❤️

     

























No hay comentarios:

Publicar un comentario