SUPERMURCI 🦇🔦
Hoxe introducímonos no mundo do cómic cun conto moi especial. Ao igual que os morcegos, prefire ser lido na escuridade e... cambia de cor!
Trala lectura de Superbat (Supermurci) estivemos fixándonos neste tipo de texto: identificamos as viñetas, os distintos bocadiños, o que representa cada debuxo... E xa estábamos list@s para poñernos mans á obra 👩🎨👨🎨
Primeiro ordenamos as viñetas da historia que Murci nos deixou (con tinta máxica que só se ve na escuridade 😱).
Despois coloreamos os debuxos con ceras fluorescentes para darlles cor.
E escribimos os bocadiños!
Quedáronnos un cómics espectaculares 😊
Así que programamos ao robot Edison para seguir a luz
E coa axuda dunha linterna ensinámoslle o noso súper traballo en equipo. Vaia coche máis travieso!



































Comentarios
Publicar un comentario