A Escola de Figueirido forma parte do CRA de Vilaboa.Consuelo González Martínez

miércoles, 30 de noviembre de 2022

XOGO DA BOLSA BRINCACONTOS 🧩🦘


 Dende a biblioCRA puxemos en movemento a inicio de curso as bolsas Brincacontos. Unhas bolsiñas con contido da biblioteca que irán rotando ao longo do curso por todas as escolas do CRA. Estas bolsas conteñen contos de diversas temáticas e este ano incorporamos tamén un xogo en cada unha delas para acercar ao alumnado a todas as linguaxes presentes na biblioteca escolar. 

Por iso, eles e elas mesmos son os encargados de explicar o xogo que chegou na primeira bolsiña al resto das escolas do CRA, incorporando un código QR en cada xogo co enlace ao vídeo explicativo dos nenos e nenas. 

Na escola de Figueirido tocounos a bolsa amarela, asociada ao programa Convive-T, e por iso incorpora o xogo cooperativo “Little Cooperation” 



E se vos preguntades como grabamos esta pasada de video, aquí vos deixo as fotos do proceso grabadas co croma, material de Polos Creativos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario