25N MORADO 💜
Para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, e seguindo o noso PDI CRArte: da orixe á arte popular , fixemos un experimento para crear a cor violeta, a cor das mulleres valientes. Para iso, seguindo a nosa investigación sobre as cebolas, empregamos a súa pel morada para crear o noso pigmento. Tras investigalas, pelámolas e enchimos botes coas súas peles onde engadimos auga quente. Para mellorar o pigmento incorporamos fariña de millo para que fose máis densa. Unha vez obtido o pigmento, mergullámonos nun ambiente de luz e música onde realizamos as nosas composicións artísticas, onde resaltamos a importancia desta cor morada coma símbolo contra a violencia. PROCESO ELABORACIÓN ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN PREVIAS