XORNADA NA BIBLIOCRA: Formación de usuarios, PLANEA, CRAcreando e moito máis 📚🦘📦🤖✍️
Hoxe vivimos unha bonita xornada de encontro entre o alumnado das escolas de Figueirido e Bértola na nosa BiblioCRA.
Comezamos a mañá cunha pequena sesión de formación de usuarios da biblioteca, na que lembramos como funciona este espazo tan importante do noso cole. Fixemos especial fincapé no uso do marcador do lugar dos contos, unha ferramenta que axuda ao alumnado a saber onde colleron o libro e onde deben devolvelo.
A través da lectura do conto “¿Me ayudas, robotito?” guiamos as diferentes propostas que realizamos ao longo da xornada nos espazos da BiblioCRA, organizados en diferentes grupos mesturados:
PLANEA: Sesión 5
Na zona da biblioteca realizamos unha nova sesión de PLANEA, na que introducimos por primeira vez o uso do rotulador.
Empezamos cun momento de quecemento que deu paso ao xogo das cubricións, que aproveitamos para coñecernos e que o alumnado interactuase máis co alumnado da Escola de Bertola.
Despois, pasamos a parte dos obxectos, onde o introducimos o uso do rotulador facendo a mesma dinamica de movementos empregando o trazo.
Coma sempre, finalizamos a sesión cun peche musical, recollendo o material e despedindo a actividade coas campás.
CRACREANDO
Na planta baixa, no espazo CRAcreando, o alumnado puido experimentar e construír con diferentes materiais deste espazo como Makedo, Kapla, LEGO, paneis de robótica e outros elementos de construción, fomentando a creatividade, a colaboración e o pensamento lóxico.
A mañá completouse cun momento de merenda no exterior, e tamén con tempo de desfrute na nosa BiblioCRA, a través de xogos e lecturas comparidas que permitiron seguir fortalecendo os vínculos entre os nenos e nenas das dúas escolas.



































Comentarios
Publicar un comentario