PALILLEIRAS 💜

Seguindo a nosa liña do PDI “CRArte: das orixes á arte popular”, hoxe achegáronse á escola a avoa Elisa do noso Aren,  xunto coa señora Carmen a compartir connosco a súa arte de saber facer o tradicional encaixe de bolillos de Camariñas. 

Mentres elas facían, nos observabamos, preguntabamos e nos abraiabamos coa súa labor e os seus traballos feitos que achegaron á escola para compartir connosco.

Esta actividade cobra un significado especial hoxe, que estamos a conmemorar o Día da Muller, poñendo en valor o saber, o traballo e o legado das mulleres do noso entorno: de Vilaboa, de Figueirido e do rural.
Un pequeno xesto para recoñecer ás mulleres que, coas súas mans e coa súa sabedoría, manteñen vivas as nosas tradicións.























Tras a súa visita, empregamos a técnica do frotagge para apreciar e descubrir os debuxos do encaixe, traballando con materiais coma o grafito ou o carboncillo. 















Grazas Carmen e Elisa por compartir tanta sabiduría connosco! 



Comentarios

Entradas populares de este blog

PARABÉNS THIAGO 🎂

Saída de outono 🌰🌽