DÍA DAS ESCULTORAS 💜
Seguimos inmersos no noso “PDI CRArte: das orixes á arte popular” e en como crear arte a través das mans. Tras a visita á Escola de Canteiros de Poio, a nosa compañeira Mía trouxo dúas fotografías de esculturas que observaramos durante a visita, o que nos permitiu volver mirar aquelas pezas con máis atención e conversar sobre o traballo das persoas que transforman a pedra en arte, e afondar na figura dos escultores e escultoras.
Hoxe, día 6 de marzo, celebrase o Día do Escultor, pero nós afondamos un pouquiño máis na evolución desta arte e da perspectiva da muller, pasando de aparecer principalmente coma modelos ou musas nas obras doutros artistas a ocupar o seu lugar como creadoras, escultoras e artistas. Por iso decidimos celebrar o Día da Escultora a través dun taller de escultura inspirado no traballo de escultoras como Barbara Hepworth ou Louise Bourgeois, recoñecendo así o papel das mulleres na creación artística e amosando novas referencias aos nenos e nenas e conmemorando deste xeito o Día da Muller na nosa escola.
- arame, creando pequenas estruturas que lembran ás formas metálicas presentes nalgunhas esculturas de Louise Bourgeois,
- e pasta de modelar, coa que puidemos moldear volumes que evocan a pedra traballada nas esculturas de Barbara Hepworth.
A través desta experiencia o alumnado puido explorar o volume, a forma e o equilibrio, descubrindo que a escultura tamén é unha maneira de pensar coas mans, ademais de poñer en valor tamén o papel das mulleres no mundo da arte.





















Comentarios
Publicar un comentario