Cerdeira en flor

No CRA de Vilaboa continuamos desenvolvendo propostas educativas dentro do programa Agrupaciones de Centros Escolares do Ministerio de Educación. Neste contexto, formamos parte da agrupación “Raíces del futuro”, xunto con outros tres centros situados en Cáceres, Madrid e Fuerteventura, co obxectivo de compartir experiencias e traballar de maneira conxunta arredor da tradición desde un enfoque STEAM.

Dentro deste proxecto común, nesta etapa estamos centrados no traballo arredor da cerdeira en flor, un elemento moi representativo da cultura e da paisaxe en determinados territorios, especialmente en Cáceres, no Val do Jerte.

Coa finalidade de introducir a temática, desenvolvéronse unha serie de accións previas á nosa próxima visita ao centro CEIP Máximo Cruz Rebosa, situado en Piornal (Cáceres), no Val do Jerte, un lugar coñecido pola tradición da floración das cerdeiras. Deste xeito, o alumnado puido achegarse previamente a este fenómeno natural e cultural desde diferentes perspectivas:

O alumnado participou nunha proposta de robótica na que tivo que programar e guiar un robot a través dun taboleiro, desprazándoo polas distintas casillas para representar o ciclo da cerdeira en flor. 








Ademais, leváronse a cabo actividades de observación directa das flores da cerdeira, nas que o alumnado puido analizar as súas características, formas e cores. 





Estas experiencias complementáronse con propostas artísticas, como a pintura de ramas en flor, e tamén con actividades máis experimentais, como o prensado das flores.






Por último, habilitamos un espazo de investigación na aula que quedará activo para continuar afondando nesta temática.





Comentarios

Entradas populares de este blog

PARABÉNS THIAGO 🎂

Saída de outono 🌰🌽