O NOSO GALO 🐓


Ao longo da pasada semana demos forma ao noso galo de Entroido, traballando a figura do tradicional Galo de Cobres e creando o noso MECO, todo un emblema destas datas tan especiais na nosa escoliña.

Durante estes días, os peques achegáronse á figura do galo a través de diferentes propostas creativas, experimentando, observando e reinterpretando este animal e coñecéndoo máis en profundidade a través de diferentes materiais e contiños.

Grazas á colaboración das familias, puidemos elaborar a estrutura do noso galo nun obradoiro compartido na escola, unha experiencia moi especial que agradecemos enormemente. Nos días seguintes, as familias tamén se achegaron á aula para decorar xunto cos nenos e nenas as plumas do galo e poñer o broche final á súa decoración.

O resultado foi realmente marabilloso ❤️
Moitas grazas, familias, por acompañarnos, implicarvos e formar da escola. Que viva o entroido!



















AS NOSAS FAMILIAS DANDO FORMA AO NOSO GALO







TRABALLAMOS COAS FAMILIAS NA ESCOLA












 

Comentarios

Entradas populares de este blog

PARABÉNS THIAGO 🎂

Saída de outono 🌰🌽