Saída á Escola de Canteiros 🪨⛏️
Esta mañá visitamos o CIFP de Cantería de Galicia , en Poio xunto cos nosos compañeiros/as das escolas de Bértola e Paredes. Dentro do noso proxecto “CRArte: das orixes á arte popular” puidemos coñecer de primeira man o traballo da pedra, os procesos, as ferramentas e a importancia deste oficio tradicional na nosa cultura. Unha experiencia que nos axuda a comprender mellor a arte popular que forma parte da nosa identidade. Antes de entrar na Escola de Cantería, achegámonos aos Petroglifos da Caeira, onde demos un paseo por este espazo, observamos as pedras, admiramos as vistas e incluso sacamos algunha fotografia para a nosa exposición. Tamén desfrutamos dunha pequena merenda ao aire libre neste espazo. Unha mañá fantástica!