ESPINACAS 🍃


En relación co noso “PDI CRARTE: Das orixes á arte popular”, levamos a cabo unha proposta na que arte e ciencia se atoparon a través da experimentación e do xogo.

A actividade comezou cunha pequena sorpresa, foi o noso calendario de advento o que nos trouxo follas de espinaca á aula, espertando a súa curiosidade. A partir delas, descubrimos que as plantas conteñen cor no seu interior. Empregando auga e morteros, extraemos a clorofila e transformámola nun pigmento natural, continuando así o traballo sobre a orixe das cores e dos pigmentos.


Despois o alumnado participou nunha instalación artística na que a luz, a cor e unha atmosfera especial acompañaron o proceso. A través da experimentación co pigmento e coas propias follas de espinaca, os nenos e nenas deron forma ás súas creacións, explorando, probando e expresándose libremente.

Esta experiencia permitiunos seguir aprendendo dende a observación e a vivencia, descubriendo que a arte tamén nace da natureza e que o proceso é tan importante como o resultado.





















PROCESO DE ELABORACIÓN DO PIGMENTO










Comentarios

Entradas populares de este blog

PARABÉNS THIAGO 🎂

Saída de outono 🌰🌽