CRAndaina Bértola-Figueirido. Día Mundial do Medioambiente 🌿
Seguindo a nosa liña de rutas saudables, hoxe realizamos a nosa tradicional andaina dende a Escola de Bértola ata Figueirido para conmemorar o Día Mundial do Medioambiente. Percorremos un tramo do camiño xacobeo portugués orientándonos co mapa, a brúxula do noso Thiago F. e seguindo as sinais do camiño de Santiago
Ácima bos axentes ambientáis, recollimos algún lixo esquecido que algún despistado deixou no camiño .
Á chegada a Figueirido plantamos os castiñeiros doados pola familia de Martín no parque, que dinamízanos con carteis elaborados polas escoliñas. Foi unha xornada xenial!

















Comentarios
Publicar un comentario