Hoxe recibimos na nosa escoliña aos nenos e nenas das escolas de Bértola e Paredes para conmemorar o Día Mundial da Saúde, no marco do noso proxecto "Mens Sana in Corpore Sano" . Para celebralo, comezamos o día realizando una sesión de ioga ao exterior para continuar realizando ao longo da mañá diferentes obradoiros vencellados ao corpo e ao seu coidado interior.
OBRADOIRO ARTÍSTICO
Inspirándonos na obra de Annie Morris, realizamos a nosa silueta a través de arame e as nosas fotografías, as que incorporamos flores recollidas no exterior.
OBRADOIRO DE MANDALAS
Seguindo a liña do Land Art, realizamos composicións naturais a partir de elementos da contorna. Tamén traballamos con mandalas reais pintando no exterior acompañados/as de música relaxante.
OBRADOIRO DE PLANTAS MEDICINAIS
Achegamos ao alumnado algunhas plantas medicinais e os seus beneficios, centrándonos naquelas beneficiosas para o aparello dixestivo. As exploramos de forma sensorial, as debuxamos e as plantamos dando forma a un xardín medicinal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario