Comezamos amosándolle ao alumnado partes illadas do cadro e pedíndolles a eles e ás súas familias que nos axudasen a atopar obxectos das súas casas parecidos aos que aparecen na pintura.
Hoxe, organizamos unha instalación artística coas súas achegas. Primeiro, analizamos os obxectos traídos e descubrimos o cadro completo proxectado neste espazo, identificando as súas distintas partes. Logo, incorporamos os obxectos á instalación, que se converteu nun diálogo entre o cadro, os obxectos e as vivencias do alumnado a través do xogo. Esta proposta permitiunos mergullarnos no universo artístico de Lugrís, traballando a observación, a expresión artística e a colaboración coas familias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario