Excursión de fin de curso 🌿

 Hoxe desfrutamos dunha marabillosa xornada com todas as escoliñas do CRA para despedir o curso. Aínda que o tempo non deixou que nos achegásemos ata as Salinas do Ulló, realizamos os talleres ambientais programados con Biophilia na Canteira de Paredes, desfrutando deste estupendo espazo natural e todas as súas posibilidades. 

Despois dun picnic moi divertido, compartimos uns bailes, cantes e moita ledicia grazas á actuación de César, Cé Orquestra Panrasma, acompañados de todas as familias que vos poidechedes achegar. Foi un día estupendo para ir despedindo o curso ! 





























Comentarios

Entradas populares de este blog

PARABÉNS THIAGO 🎂

Saída de outono 🌰🌽