A Escola de Figueirido forma parte do CRA de Vilaboa.Consuelo González Martínez

miércoles, 24 de abril de 2024

Portadas de conto 📕✨



 Aproveitando a nosa visita á BiblioCRA e seguindo celebrando a Semana do Libro, realizamos esta actividade de recreación de portadas de contos na que nos convertimos nos seus protagonistas! 

Primeiro atopamos unha serie de contos aos que se lles escaparan as personaxes e xogamos a adiviñar quen correspondía a cada un. Despois nos caracterizamos e empregamos o croma para convertirnos nas personaxes e incorporalas as portadas. Os nenos e nenas participaron en todo momento dando instrucións de como colocarse, qué complementos empregar…. Seguindo as portadas orixinais dos contos.  O resultado foi marabilloso! 

Expondremos estas portadas de conto na nosa BiblioCRA, animádevos a vir a velas e de paso participar no intercambio de contos de este xoves na biblio! 














Detrás das cámaras….
















E tamén xogamos coas portadas…















No hay comentarios:

Publicar un comentario