A Escola de Figueirido forma parte do CRA de Vilaboa.Consuelo González Martínez

miércoles, 20 de marzo de 2024

Un bosque de cromosomas #21M



Co motivo da conmemoración do Día do Síndrome de Down, na nosa escola realizamos está intervención artística no bosque encantado, a que titulamos:

“Un bosque de cromosomas”. 

Os días previos na escola coñecimos que eran os cromosomas, eses paquetiños de información que nos din como son as persoas: únicas e diferentes. Contabilizamos cantas parellas de cromosomas temos e introducimos o Síndrome de Down, descubrindo que na casiña dos cromosomas número 21, tiña un máis. 

A través do conto “Pepita es especial” descubrimos como son as persoas coma ela, identificamos os seus rasgos pero tamén descubrimos que lle gustaban as mesmas cousas co resto de nenos e nenas. 

Levamos o noso cromosoma para casa para contarlle as familias que se conmemora o 21 de marzo, Día Internacional do Síndorme de Down, e coa sua axuda decoramos con fíos de cores o noso cromosoma, que empregamos para facer esta marabillosa intervención  coa finalidade de concienciar á comunidade educativa sobre esta realidade.

Animádemos a visitar o noso bosque de cromosomas! 






























No hay comentarios:

Publicar un comentario