SAÍDA Á PRAIA 🏖️
Hoxe desfrutamos dunha incríble xornada de CRAvivencia coas escolas de Bértola e Paredes en Pontesampaio. Comezamos o día facendo unha andaina saudable ata a Illa do Medal. Despois voltamos e merendamos no parque, onde houbo tempo par xogos, risas e moita diversión. O colofón final foi o tempo de area e baño na praia, onde desfrutamos moito cos demais nenos e nenas. Unha mañá incrible! Grazas familias por achegar aos peques ata aqui e facelo posible.