Entradas

Visita á Residencia CASER de Vilaboa

Imagen
 Hoxe visitamos o Centro Residencial CASER de Vilaboa desfrutando dunha experiencia interxeneracional moi especial. Realizamos un scape room polas suas instalacións acompañados de algúns dos seus residentes, desfrutamos dunha merenda moi especial e repartimos debuxos esperando moitos sorrisos e emocións. Foi unha mañá marabillosa! Grazas pola acollida ❤️

Microinvestigación ravos🫜🔍

Imagen
 Esta semana recollimos os ravos da nosa hortiña. Os contamos, analizamos e realizamos diversas propostas a través da experimentación con esta hortaliza.  Partimos dun experimento no que puxemos auga a ferver cos ravos dentro, formulando hipótesis sobre qué pasaría. Cando descubrimos o resultado, observamos coma os ravos perderán a cor e a auga pasara a ser rosada.