Entradas

CORES DA PEL🤚🏼🤚🏾🤚🏿

Imagen
  Seguindo na liña do noso proxecto, centrámonos na investigación sobre a nosa pel. A través do traballo fotográfico Humanæ   da artista Angélica Bass , descubrimos a nosa cor de pel a través da aplicación PANTONE. Tamén introducimos a temática a partir do libro “El color de tu piel” de Dessiré Acebedo. Elaboramos estas composicións coa nosa cor e  as fotografias das nosas mans e descubrimos que non nos define unha única cor, se non unha fermosa gama diversa. E xploramos como cada ton de pel é único e especial, igual que nós.

PARABÉNS MARTÍN🎂

Imagen
 Hoxe celebramos o aniversario do noso Martín ! Soplamos as velas, fixemoslle agasallos e desfrutamos dun delicioso biscoito. Moitos parabéns Martín, que cumplas moitos mais. 

Quen é quen? 👓👒

Imagen
Os venres tocan xogos de mesa e grazas a nova bolsa Brincacontos que chegou dendê a BiblioCRA,  tivemos unha xornada moi divertida na que elaboramos e aprendemos a xogar ao xogo ”Quen é quen?”. Sacamos as fotografias empregando os accesorios aportados polas familias, tivemos estación de perruquería e incluso debuxamos os accesorios nos nosos retratos. Preparamos o taboleiro e aprendemos a xogar!  Un recurso moi divertido para seguir traballando sobre as nosas características físicas en relación al noso proxecto.