Entradas

Pizza de calabacín 🍕

Imagen
 Hoxe merendamos no cole pizza do calabacín da nosa hortiña! Durante  estes días estivemos observando o crecemento das nosas cabaciñas na horta, coa sorpresa de que o outro día recolectamos unha cabaciña enorme! Hoxe a pelamos, cortamos e engadimos como ingrediente á nosa pizza, xunto a masa, o tomate, o queixo e o xamón. Estaba deliciosa! Traballo en equipo que deu lugar a duas pizzas das que non sobraron nadiña, e das que rexistramos a receita. 

Aniversarios do verán 🎂

Imagen
 O curso retama, pero non íamos deixar sen celebrar os aniversarios dos que cumplimos anos nos meses que non vimos ao cole. Hoxe Sabela, Victor e a profe Alba celebramos con todos e todas os nosos aniversarios, puxemos as coroas, recibimos moitos agasallos e merendamos biscoito e pizza!!! Ademais tivemos unha sorpresa moi especial, o profe Pablo veu a despedir o curso con todos nos ❤️

Embotellado e empaquetado de mel 🍯

Imagen
 A semana pasada fixemos o proceso de embotellado da mel, a partir do panal que nos prestou o tío da nosa Uxi e que tivemos escorrendo na escola durante días.  Despois de embotellala, empaquetamos a mel xunto a nosa creación artística dunha colmea, empregando o papel pintado da instalación de xogo realizada semana atrás, que gardamos para empregar como papel de agasallo.  Na etiqueta deste paquetiño temos un código QR no que se atopa a documentación pedagóxica do trimestre, recolledo todo o traballado en relación ao proxecto e a aos bechos.