Entradas

Un bosque de cromosomas #21M

Imagen
Co motivo da conmemoración do Día do Síndrome de Down, na nosa escola realizamos está intervención artística no bosque encantado, a que titulamos: “Un bosque de cromosomas”.  Os días previos na escola coñecimos que eran os cromosomas, eses paquetiños de información que nos din como son as persoas: únicas e diferentes. Contabilizamos cantas parellas de cromosomas temos e introducimos o Síndrome de Down, descubrindo que na casiña dos cromosomas número 21, tiña un máis.  A través do conto “Pepita es especial” descubrimos como son as persoas coma ela, identificamos os seus rasgos pero tamén descubrimos que lle gustaban as mesmas cousas co resto de nenos e nenas.  Levamos o noso cromosoma para casa para contarlle as familias que se conmemora o 21 de marzo, Día Internacional do Síndorme de Down , e coa sua axuda decoramos con fíos de cores o noso cromosoma, que empregamos para facer esta marabillosa intervención   coa finalidade de concienciar á comunidade educativa sobre ...

Na procura de rastros de animais 🐾

Imagen
 Hoxe visitamos o bosque encantado para facer unha actividade deseñada polo profe Pablo na que investigamos os rastros que poden deixar os animais na nosa contorna. Atopamos pegadas, ribeiras, plumas, excrementos… E ademais, pasámolo en grande! Coma en cada saída, encargámonos de recoller o lixo que atopábamonos no camiño.  Grazas profe Pablo por ensinarnos tanto ❤️

Sementeiro 🌱

Imagen
 Esta semana na escola fixemos unha investigación sobre que cousiñas plantaremos na primavera na nosa hortiña. E para iso, empregamos o “Gran libro da nosa horta” para coñecer que sementar na estación do inverno para plantar na vindeira estación. Para iso coñecimos o proceso de crecemento dunha semente e analizamos os diferentes tipos de sementes coas que contábamos: cebolas, berenxena, pementos, cabazas de distintos tipos, das que gardamos as sementes do Samaín…  Tamén investigamos sobre qué precisabamos para que as nossa sementes foran arriba: auga, terra e Luz do sol. E a sementar!  Ao longo destes días iremos rexistrando no noso calendario de semilleiro como van xerminando as nosas sementes.

PekeRecicla ♻️

Imagen
Hoxe tivemos a visita de Rocío coa que aprendimos moito sobre a importancia da reciclaxe e a separación de residuos grazas a iniciativa de #PonteZero da Deputación de Pontevedra.  Para afianzar todo o aprendido, e aproveitando a boa mañá, presentamos unha nova proposta de aula a través do conto “La ballena llena” onde traballamos a clasificación dos residuos.