Entradas

Aqueles que hibernan ❄️

Imagen
Hoxe aproveitamos o soliño para levar a aula ao exterior. Despois de coñecer cales eran os animais do monte que hibernaban, botámonos a dormir e convertémonos en animais que hibernan. Aproveitando as nosas cariñas durmidas, completamos o debuxo partindo da anatomía destes animais.  

Animais do monte 🐇🐗

Imagen
 Ao longo deste trimestre estamos a traballar os animais que viven no monte galego. Durante estas semanas realizamos diversas propostas relacionadas coa temática: artísticas ,de asociación, creativas…

Instalación de xogo❄️☃️

Imagen
 Hoxe a profe Uxía tiñanos preparada esta marabillosa instalación de xogo baseada na estación do inverno que estamos a traballar. Fixemos debuxos con cubiños que parecían xeados. Elaboramos preciosos collages con cores invernais, Debuxamos e fixemos bolas de neve artificial, Construímos iglús, refuxios e casas con cubiños conxelados para resgardar aos animais do Polo, Incluso nos metemos nun iglú! E transformamos o noso boneco nunha divertidísima batalla nevada!