REDES 🧶🪡🐟

Dentro do PDI: CRARTE: das orixes á arte popular, recibimos na escola a visita de Antonio, redeiro, que nos achegou a un oficio tradicional ligado ao mar e á nosa contorna.

Ao longo do encontro, Antonio presentounos diferentes aparellos de pesca, explicándonos para que serven e en que se diferencian uns doutros. A través das imaxes e do material real, o alumnado puido observar de preto os fíos, as agullas e a malla, e coñecer os materiais cos que se elaboran as redes.

Antonio amosounos como se fai unha rede, explicando paso a paso o proceso de tecer coas mans, e o alumnado tivo a oportunidade de probar a coser, experimentando a paciencia e a precisión que require este traballo artesanal.

A visita tamén nos permitiu descubrir que as redes non se empregan só para pescar. Antonio contounos como este mesmo saber pode ter outros usos, como as hamacas da nosa escola, feitas por el mesmo, que o alumnado utiliza a diario para xogar no patio.

Grazas Antonio, por compartir connosco o teu saber, o teu tempo e a arte de traballar coas mans.

 































Comentarios

Entradas populares de este blog

PARABÉNS THIAGO 🎂

Saída de outono 🌰🌽