Taller de galletas de Nadal 🍪🎄





Hoxe tivemos unha actividade moi doce na Escola de Figueirido 🍪🎄

A nai de Thiago, Yamilka, veu ao cole para facer con nós deliciosas galletas de Nadal. Utilizamos fariña, manteiga, azucre, ovo, bicarbonato, noz moscada, canela e xenxibre.

Fixemos galletas con formas de árbore, boneco de neve, homiño de xenxibre, bóla de Nadal, copo de neve, reno… e pasámolo fenomenal!

Moitas grazas, Yamilka, por compartir este momento tan especial con nós ❤️


























































Comentarios

Entradas populares de este blog

PARABÉNS THIAGO 🎂

Saída de outono 🌰🌽