Decoramos o parque de Nadal de Figueirido🎄
A veciñanza de Figueirido pediunos colaboración para o decorado de Nadal do parque e puxémonos mans á obra! Coa colaboración das familias, elaboramos dous gnomos de Nadal que acompañamos dun tendal feito cos nosos calcetíns. Animádevos a visitar o parque e ver toda a decoración y admirar o gran traballo da veciñanza. Grazas familias pola vosa implicación! Para crear os nosos gnomos, elaboramos os gorros e as manoplas como verdadeiros costureiros. Marcamos, recortamos e incluso cosimos coa máquina de coser ! Tamén elaboramos o cartel que acompaña a nosa decoración para felicitar o Nadal a todos os que visiten o parque ! Ven visitar a decoración de Figueirido!