Entradas

Mostrando entradas de enero, 2025

Día da PAZ 2025

Imagen
  - Carreira solidaria por idades nas Salinas. Carreira solidaria contra a leucemia infantil: La vuelta al cole. Os nenos/as de 3, 4 e 5 anos fixeron un pequeno percorrido polas Salinas. Dita actividade estuvo organizada polo Borja, o mestre de EF no marco do programa Móvete+. Como xesto solidario e, de xeito voluntario, a cambio de correr fixemos unha achega económica de máis de cincocentos que servirá para a investigación da leucemia infantil (Proposta da FUNDACIÓN UNOENTRECIENMIL ) 2€ equivalen a 8 min de investigación 5€ equivalen a 20 min de investigación… -Contacontos pola PAZ a cargo de Anxo Moure “Salgadiña estrela de Vilaboa” na aula de natureza de Vilaboa xunto a nosa Flor da paz. Animación da carreira e da merenda no miradoiro das Salinas. -Plantas pola PAZ: no marco dos programas Voz Natura e SostiLAB, substituímos as pedras da nosa flor por plantas que directamente plantaron os nenos e nenas nos pétalos da Flor da Paz (cada pétalo corresponde a unha das cinco esco...

CRAvivencia MUV 🖼️

Imagen
Este martes desfrutamos dunha CRAvivencia na escola de Pousada acompañados dos nenos e nenas de Paredes, co motivo de pasar unha xornada moi artística visitando o museo virtual MUV instalado nesta escola.  Comezamos a mañá enasamblea falando sobre a obra que descubriramos na escola e recreamos o vivido na nosa inmersión artística inspirada na obra de Urbano Lugrís. Facendo unha pequena mostra do vivido, rexistrando a nosa experencia e incoporándoa ao museo da escola. Despois mesturámonos en grupos e mentres uns visitamos o MUV  e desenvolvimos diversas propostas creativas de robótica descubrindo os cadros do museo, outros desfrutamos de outros obradoiros artísticos inspirados en artistas da exposición: - O primeiro obradoiro foi inspirado na obra de Misha Bies Golas. En primeiro lugar observamos a obra, reflexionamos sobre ela e verbalizamos o que nos transmitía, a qué nos evocaba....Logo creamos as nosas propias obras en 3 formatos diferentes: pintura, composicións de obxecto...