Hoxe celebramos a primeira convivencia do curso co noso tradicional Magosoto na Lagoa de Castiñeiras. Foi unha mañá estupenda chea de xogos tradicionais a cargo dun grupo de maiores que se desprazaron dende Bueu para amosarnos os seus coñecementos sobre os xogos populares. Tampouco faltaron as castañas, chourizos con pan, empanadas, biscoitos e moita ledicia! Gracias familias por acompañarnos nesta xornada tan especial e por facer da escola unha comunidade tan especial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario