A Escola de Figueirido forma parte do CRA de Vilaboa.Consuelo González Martínez

lunes, 4 de noviembre de 2024

CREMA DE CABAZA👨🏼‍🍳

 Hoxe elaboramos na escola unha deliciosa receita de crema de cabaza, grazas as cabazas da horta do avó da nosa Alma. Primeiro traballamos a receita en conxunto  para pasar a seguir os pasos de forma colaborativa: pelar, cortar, engadir na pota e esperar. Analizamos no libro "Yo lo se hacer: 1000 pasos para ser autónomo" a forma de agarrar e como facer para pelar e cortar as verduras de xeito óptimo e seguro. Unha vez rematado, batimos coa batidora e degustamos unha deliciosa crema de cabaza da que non quedou nin a proba. Tamén rexistramos a receita para non esquecernos de nada, pronto a teredes na casa. Moitas grazas familias pola vosa colaboración ! 














































No hay comentarios:

Publicar un comentario