Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2024

Documentación pedagóxica 2º trimestre: Animais do monte 🐾

Imagen
Hoxe os nenos e nenas da escola levaron as suas bolsas cheas de debuxos e traballos realizados ao longo do trimestre. Pero o que máis se levan son grandes experiencias e coñecementos nas suas cabeciñas. Dentro da bolsa tendes un código QR enlazado a este documento elaborado a partir deses traballos e coñecementos dos nenos e nenas. Estamos seguros de que lles encantará velo con vós! Por certo! As bolsiñas están feitas reutilizando o  papel da tobeira da nosa aula, que desfixemos coa chegada da primavera, xa que os animaliños remataron co seu longo durmir.  Felices vacacións!

Na procura de ovos de pascua 🐣

Imagen
Para rematar o trimestre fixemos unha festa da primavera no parque de Figueirido! Á saída do cole, a topamos unhas pegadas e unha nota do coello de pascua, quen nos dicía que esconderá ovos de pascua no parque e que tiñamos que atopalos. Pasámolo en grande !  M

Xerminamos aguacates 🥑

Imagen
Aproveitando as sementes dos aguacates cos que fixemos onte a nosa receita, hoxe o noso profe Pablo explicounos como poñer a xerminalas para que nazca unha árbore de aguacate. Investigando nos nosos libros e na pantalla incorporamos estas sementes a nosa zona de natureza da aula.   Grazas de novo a família de Icía por tanto aprendizaxe !! 

PARABÉNS MARIO 🎂

Imagen
 Hoxe celebramos na escola o aniversario do noso Mario, que trouxo, non un, senon dous biscoitos para compartir con todos e todas. Notábaselle ben que estaban cheos de cariño porque estaban deliciosos! Fixemoslle a coroa das suas cores favoritas e, entre todos, fixemoslle un agasallo moi especial para festexar os seus catro anos. Moitos parabéns Mario ❤️

Picnic poético🌷📖 🧺

Imagen
Unha cesta de picinic na aula sorprendeunos está mañá e anticipounos o marabilloso día que estaba por vir. Preparamos un delicioso picnic literario para celebrar a chegada da primavera e conmemorar o Día da Poesía .  Gracias aos deliciosos aguacates que nos trouxo Icía e a sua familia da árbore da súa casa, e ao libro de receitas que nos prestou a familia de Mario, preparamos a merenda para o noso picnic: Tostadas de aguacate con tomate e queixo fresco.  Analizamos a receita e rexistramos os seus ingredientes, primeiro de forma conxunta e despois individual.  De seguido puxémonos mans á obra e tostamos o pan, cortamos e raiamos o tomate, o aguacate, botámoslle o queixo fresco, aceite e sal e preparamos as nosas deliciosas e saludables tostadas.  Despois desfrutamos dun picnic escoitando poesías e compartindo a merenda !  Moitas grazas familias pola vosa colaboración ❤️