Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2022

XOGO DA BOLSA BRINCACONTOS 🧩🦘

Imagen
 Dende a biblioCRA puxemos en movemento a inicio de curso as bolsas Brincacontos. Unhas bolsiñas con contido da biblioteca que irán rotando ao longo do curso por todas as escolas do CRA. Estas bolsas conteñen contos de diversas temáticas e este ano incorporamos tamén un xogo en cada unha delas para acercar ao alumnado a todas as linguaxes presentes na biblioteca escolar.  Por iso, eles e elas mesmos son os encargados de explicar o xogo que chegou na primeira bolsiña al resto das escolas do CRA, incorporando un código QR en cada xogo co enlace ao vídeo explicativo dos nenos e nenas.  Na escola de Figueirido tocounos a bolsa amarela, asociada ao programa Convive-T, e por iso incorpora o xogo cooperativo “Little Cooperation”  E se vos preguntades como grabamos esta pasada de video, aquí vos deixo as fotos do proceso grabadas co croma, material de Polos Creativos.

ANIVERSARIO DE ICÍA

Imagen
 

ANIVERSARIO DE ANXO

Imagen
 

NIN UNHA MENOS 25N

Imagen
 Dende o CRA de Vilaboa, conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, con esta exposición fotográfica inspirada na obra: ‘Nin unha menos’ da artista Ana Gesto.                     

EXPERIMENTO FASES DA LÚA🌔🔦

Imagen
 No marco do noso proxecto de centro “De Vilaboa á Vía Láctea”, estamos descubrindo as maravillas da Lúa. Por iso fixemos este experimento para recrear as fases da Lúa despois de ler o conto de “¡LUNA! La mejor amiga de la Tierra” que chegou a aula dende a   BIBLIOCRA.

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA👫👫✨

Imagen
  Dende as nosas escoliñas do CRA reivindicamos o dereito a XOGAR, como medio de descubrimiento, experimentación, aprendizaxe e desenvolvemento.  Por iso prepramos esta instalación de xogo con material non estructurado con motivo desta conmemoración para dar a importancia que se merece a necesidade de xogo e movemento na infancia.