ESCOLA DE FIGUEIRIDO. CRA DE VILABOA

A Escola de Figueirido forma parte do CRA de Vilaboa.Consuelo González Martínez

jueves, 19 de junio de 2025

Aniversarios de verán e último día na escola🌿

Hoxe celebramos os aniversarios dos nosos cumpleañeros de verán: Sabela, Victor e a profe Alba. 

Cociñamos duas deliciosas pizzas coa que acompañamos o biscoito e galletas que trouxeron Sabela e Victor. Elaboramos coroas naturais, fixemos agasallos moi especiáis e desfrutamos moito deste último día xuntos, no que non faltaron as apertas, os bicos e moitos mimos ❤️



































miércoles, 18 de junio de 2025

SAÍDA Á PRAIA 🏖️


 Hoxe desfrutamos dunha incríble xornada de CRAvivencia coas escolas de Bértola e Paredes en Pontesampaio. Comezamos o día facendo unha andaina saudable ata a Illa do Medal. Despois voltamos e merendamos no parque, onde houbo tempo par xogos, risas e moita diversión. 

O colofón final foi o tempo de area e baño na praia, onde desfrutamos moito cos demais nenos e nenas. 

Unha mañá incrible! Grazas familias por achegar aos peques ata aqui e facelo posible.