Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2025

PARABÉNS MARIO🎂

Imagen
Este luns recibimos os 5 anos do noso Mario. Compartimos biscoito, decoramos a coroa e fixémoslle agasallos moi especiáis. Parabéns Mario! Que cumplas moitos máis 🎉

Benvida Primavera🌺🌸🌼

Imagen
 Este venres na escola vivenciamos o cambio de estación a través dunha instalación de xogo. Grazas ás familias por aportar as florciñas e dar vida a este espazo. Coas flores que sobraron cada neno/a fixo o seu ramo e levou a primavera ao seu fogar💐

Día dos Bosques 🌳

Imagen
O Día Internacional dos Bosques brindounos a oportunidade de explorar a natureza dende unha perspectiva diferente: a través do son e da imaxe. Inspirándonos no libro Viaxe visual e sonora polos bosques de España de Carlos de Hita , propuxémonos rexistrar o noso propio bosque encantado. Para iso, equipámonos con cámaras e material de gravación  adentrámonos no Bosque Encantado de Figueirido. Pero antes de comezar coas gravacións, mergullámonos nun baño de bosque. Seguimos o conto Baño de bosque para aprender a experimentar a contorna cos sentidos: escoitar o murmurio das árbores, notar a textura da codia, observar a luz filtrándose entre as follas… Un exercicio de conexión e calma en plena natureza. Despois desta vivencia, dedicámonos a captar os sons do bosque coas nosas gravadoras e a fotografar os recunchos máis especiais, convertendonos en Carlos de Hita. Ademais, elaboramos unhas instrucións para que calquera poida desfrutar dun baño de bosque e sentir a natureza dunha forma m...