DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA 🤍


Co motivo do Día Internacional da Infancia creamos na aula unha instalación artística centrada no dereito á identidade, inspirada no libro Únicos de Soledad Carmona. 

Despois da lectura do conto, a instalación converteuse nun lugar vivo, no que cada neno/a puido recoñecerse e ser recoñecido. Entre luces, sombras, carboncillos e espellos creamos un lugar que reivindica a importancia de ser un mesmo, de sentirse parte do grupo e de comprender que cada identidade merece ser respectada e celebrada.
 













































Na saída, abrimos a proposta ás familias para compartir o proceso e dar visibilidade ao traballo artístico e emocional do alumnado. Un xeito de facer comunidade arredor da idea de que todos os nenos e nenas teñen dereito a ser únicos e valorados .






Os peques participaron na elaboración da instalación facendo as fotografías e elaborándonos carteles os días previos á celebración. 




FELIZ DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA! 














Comentarios

Entradas populares de este blog

Súpercapacidades ❤️

PARABÉNS THIAGO 🎂