Hoxe realizamos unha CRandaina á finca da familia do noso Martín "Joldra", tras a súa invitación. Traballamos co mapa o percorrido e ao chegar alí desfrutamos dun lugar máxico e dunha deliciosa merenda preparada pola familia. Descubrimos os tesouros do río, da natureza e da hortiña de Martín e Triana.
Por iso, ao longo destes días, no marco do noso PDI "Mens sana in corpore sano" estivemos traballando sobre os beneficios de facer actividade física, e sobre o que lle acontece ao noso corpo cando facemos exercicio. Con todo, realizamos este produto para compartir e animar ás persoas a coidar do seu corpo.
Moitísimas grazas familia por esta experiencia tan marabillosa! Voltaremos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario