Esta semana traballamos moito para encher a nosa hortiña de froitos e hortalizas.
Primeiro preparamos a visita ao viveiro realizando unha lista das cousiñas que iamos plantar propias da estación. Despois fixemos a nosa visita ao viveiro PEYCA que temos ao ladiño da escola e buscamos e atopamos todo o da nosa lista.
O venres recibimos a Álvaro, o noso mestre composteiro, que nos axudou a preparar a nosa hortiña para plantar e nos explicou como cos restos das nosas merendas, os bichiños do noso composteiro fan o seu traballo para fabricar o alimento das nosas hortalizas e plantas, o compost.
Despois puxémonos mans a obra para plantar todo: leitugas, ravos, cabaciñas, xudías, cenorias, e tamén as cabazas que xa tiñamos xerminadas do pasado trimestre.
Tamén realizamos propostas vencelladas co aprendido, traballando conome das hortalizas, preparamos o carteis da horta, propostas sobre o seu proceso de crecemento, actividades artísticas…
No hay comentarios:
Publicar un comentario