miércoles, 26 de febrero de 2025

Medir e pesar 📏⚖️

No marco do noso proxecto sobre o aparato dixestivo, realizamos unha actividade emocionante para comprender mellor o noso corpo. Grazas á colaboración da familia de Mía, que nos proporcionou un dispositivo especial, puidemos medir e pesar a todos os nenos e nenas da aula.

Rexistramos os pesos e as estaturas de cada un de forma escrita a partir dos datos do aparello, pero tamén creamos un rexistro visual que nos permitiu comparar as diferentes alturas. Utilizamos cordas para representar as estaturas, o que nos axudou a identificar quen era o máis alto e o máis baixo da clase. Esta representación visual facilitou diversas actividades , fomentando a observación e a comparación de datos.

Ademais, introducimos a cinta métrica como unha ferramenta esencial na nosa aula. Os nenos e nenas aprenderon a utilizala para medir obxectos e espazos, desenvolvendo habilidades matemáticas e espaciais.

























 

No hay comentarios:

Publicar un comentario