Hoxe recibimos unha visita moi especial na escola de Figueirido: o camión de Galicia Sabe a Mar. A través desta iniciativa, tivemos a oportunidade de probar unha tapa con distintos sabores do mar, descubrindo novos alimentos e aprendendo sobre a importancia dos produtos mariños na nosa alimentación.
Foi unha experiencia diferente e deliciosa, que nos permitiu achegarnos á riqueza gastronómica da nosa terra dun xeito vivencial e divertido!
No hay comentarios:
Publicar un comentario