Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2025

FESTA DE ENTROIDO🎉

Imagen
 Desfrutamos dunha xornada de entroido estupenda na Canteira de Paredes. Grazas familias por acompañarnos e pola vosa implicación! Feliz entroido! 

Entroido na Escola de Paredes🎊

Imagen
 Hoxe desfrutamos dunha xornada de entroido na Escola de Paredes convivindo cos nenos e nenas desta escola e da Escola de Bértola. Antes do desfile e da festa, fixemos uns obradoiros de entroido moi divertidos, desfrutando e coñecendo máis aos nenos e nenas das demais escolas.  OBRADOIRO SPRAY ART  Coas mestras Cris e Alba fixemos deseños con pulverizadores de pintura sobre prendas e traballamos con acuarelas. OBRADOIRO DE MÁSCARAS  Creamos máscaras con cartón, recortes, témpera e diferentes materiais decorativos coas mestras Fátima e Yoli.  OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA CREATIVA   A partir dos seus retratos e fotografías, decoraron con fíos, pintura, confeti e outros elementos, dando vida as imaxes coa mestras Begoña e Malores.  OBRADOIRO DE RADIO E co profe Borja e Conchita g ravamos audios sobre costumes, receitas e tradicións do Entroido, experimentando coa comunicación tendo a sua primeira toma de contacto coa radio.  .