Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2024

BOTELLAS DE NADAL🎄

Imagen
 Ao longo destes días estivemos pintando as nosas botellas de Nadal para formar parte da decoración do parque de Figueirido. Hoxe achegámonos ata alí para colocalas e que estén a punto para o encendido das luces que será este sábado 30 de novembro ás 20:00. Animádevos a visitar o poboado de Nadal tan bonito que preparou a veciñanza de Figueirido. 

ANIVERSARIO ANXO🎂

Imagen
 Hoxe celebramos o aniversario do noso Anxo que trouxo un gran biscoito para compartir con todos nos. Preparamos a sua caixa especial chea de agasallos e moita maxia. Así pechamos o último cumple do ano na escoliña. Moitos parabéns!

ANIVERSARIO ALMA🎂

Imagen
 Hoxe celebramos (al fin) o aniversario da nosa Alma que estivo a pasada semana pachuchiña. Desfrutamos dun delicioso biscoito e preparamos os seus agasallos con moito cariño. Parabéns Alma ! 

25N 💜

Imagen
 Aproveitamos a saída a Pontevedra para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero a través dunha pequeña intervención na rúa na que puxemos voz contra a violencia é creamos un gran NON entre todas as escoliñas do CRA. Os días previos traballamos esta realidade a través de contos relacionados e preparamos a intervención na rua pra entender o seu significado. 

Visita ao Café Moderno 🖼️

Imagen
 Hoxe visitamos a exposición de arte SIMULTÁNEA do Café Moderno e afondamos na arte abstrácta a través dun percorrido polas súas salas e da historia de Ying e Yang. Tamén recreamos a Nosa obra abstracta a partir da te interpretación dunhas mostras observadas a través dun microscopio e da experimentación con distintos materiais. Pasámolo en grande!  A semana pasada xa estivemos a anticipar a saída a través salgo hás propostas artísticas que nos daban a cole ver algúns dos cadros que hoxe nos atopabamos na exposición. Fíxonos moita ilusión recoñecelos hoxe, descubrir os seus tamaños e apreciar os seus detalles.