Hoxe tivemos unha visita moi especial na escola. Rocío, perruqueira e mamá da profe Alba visitou a escola para falarnos dos tipos de cabelos e dos seus coidados. Tivemos un taller de perruquería profesional e investigamos sobre os nosos cabelos a través dunha actividade creativa. Rematamos coa lectura do conto “No quiero el cabello rizado” onde resaltamos a importancia da diversidade e o respeto e confianza nun mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario