Entradas

Mostrando entradas de abril, 2024

Maios 🌼🌿

Imagen
 Hoxe na escola sorprendeunos un precioso Maio que nos inteoduciu na temática desta celebración e a chegada dun novo mes. Anxo e Icía contáronos de que se trataba e que elementos se precisaban para facelo. Saímos da escola a xogar a atopar todos estes elementos naturais polo camiño e apañamos uns poucos para facer as diferentes propostas que tiñamos preparadas coa chegada a escola: estructuras de maiôs con pezas de madeira, colares de pampullos, xogos de vocabulario, propostas artísticas… 

As familias tamén contan 📖

Imagen
 Esta semana tivemos a sorte de contar con visitas moi especiais no momento do conto con motivo da Semana do Libro . Baixo o lema “As família tamén contan” cada día unha familia veunos contar un contiño e a nos fixo desfrutar coa lectura.  Moitísimas grazas a todas as participantes! Sabedes que as portas da escola están abertas sempre para todos e todas.  O lunes Belén, a mamá de Thiago, quentounos o corazón co conto “O lume dun dragón” . O martes con Katia, a nai de Víctor e Sabela axudamos ao pequeno moucho a topar a sua mamá co conto “Un pouco perido” .  O mércores, no parque da BiblioCRA, sorprendeunos Crisitina, a nai de Leire co conto “Vivan las uñas de colores” . O xoves Natalia, a mamá de Óliver encheunos o corazón de cores e sentimentos, co conto “Así es mi corazón” . E o venres, Alma, a súa mamá Nuria mais o seu papá Pablo, fixéronos bailar e desfrutar moito co libro “As xirafas non poden bailar”. Moitísimas grazas familias! Foi unha Semana do Libro ines...