Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2024

Xornada na BiblioCRA📚🦘

Imagen
Hoxe pasamos unha mañá estupenda na BiblioCRA desfrutando e aprendendo neste espazo e na súa contorna.  Comezamos traballando na formación de usuarios da biblioteca, convertendonos en axudantes de Brincacontos e tomando o rol de bibliotecários/as. Tamén traballamos sobre as normas de este espazo e do bo uso que hai que facer del.  Despois desfrutamos dun picnic  e tempo de recreo no parque do Concello.    Para rematar dividímonos en equipos para facer unha actividade coa profe Uxía no espazo “Cracreando” cos lapis 3D e tamén realizamos unha actividade creativa sobre os animais do monte que estamos a traballar, que deixamos a modo de exposición na biblioteca e que vos animamos a ir a visitar.  Tamén tivemos tempo para lecturas compartidas e desfrutar dos xogos e contos deste espazo. Animádevos a ir á BiblioCRA!  

Biscoito coa profe Uxía👩🏻‍🍳

Imagen
 Hoxe celebramos na escola o aniversario da profe Uxía, e para iso fixemos un delicioso biscoito que preparamos con moito amor e cariño. Parabéns profe Uxi, que cumplas moitos máis ❤️