Entradas

Mostrando entradas de enero, 2024

Carreira solidaria pola PAZ 🏃🏼‍♀️🕊️

Imagen
Hoxe conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz cunha Carreira Solidaria nas Salinas do Ulló e unha maravillosa convivencia entre escolas baixo as fermosas historias de Anxo Moure na aula da Natureza. Foi unha mañá estupenda! Moitísimas grazas pola vosa solidaridade familias! 

Unha tobeira no bosque🐾🌿

Imagen
 Esta mañá saímos ao noso bosque encantado na procura de tobos, tobeiras e outros rastros de animais. Equipados coas nosas lupas, o noso marco de mirar, cintas métricas pinzas e observamos e analízanos a nosa contorna e incluso atopamos unha tobeira! Apañamos diversos elementos naturais que empregamos para rematar a nosa tobeira da escola. Ademais, aproveitamos a saída para concienciar sobre a importancia de protexer os nosos bosques  e montes, para que sirva de fogar aos animais. Por iso recollimos o lixo que nos íamos atopando no camiño. Un día estupendo!