Hoxe grazas as familias convertemos a aula nun fermosísimo xardín. Observamos, analizamos e clasificamos as distintas especies de flores que trouxemos e realizamos unha actividade de investigación a través do libro “Inventario de flores” da biblioCRA, onde buscamos o seu nome. Tamén prensamos algunhas delas e decoramos as nosas ventás. Despois realizamos o noso propio inventario catalogando as distintas especies de flores, una actividade fermosisima! Moitisimas grazas familias pola vosa implicación!