Hoxe tócanos soprar, imos facer 2 xogos diferentes: 1º XOGO: BURBULLAS Necesitamos: 1 pajita 1 vaso con auga Imos soprar coa pajita no vaso con auga para formar burbullas, primeiro empezaremos soprando amodo para aos poucos ir soprando máis forte, a ver que pasa coas burbullas!!!! 2º XOGO: BONECO DE NEVE Necesitamos: 1 debuxo dun boneco de neve 2 algodón 1 algodón pintado de laranxa (para o nariz) 1 algodón pintado de negro para os ollos Colocamos o debuxo do boneco de neve e fóra del colocamos trocitos de algodón branco, negro e laranxa. Deberemos soprar sobre o algodón coas mans nas costas (non vale usar pajita para soprar) e aos poucos ir levándoo con noso sopro dentro do debuxo para formar o boneco de neve. A SOPRAR!!!!!!