MACARIO DROMEDARIO
Onte na escola contamos o conto de Macario Dromedario. Macario choraba e choraba e canto máis choraba, máis pequena se facía a súa chepa. Logo de escoitar o conto estivemos a mirar unha versión moi interesante que atopamos en Internet, o malo é que está en "chinés". Dramatizamos o conto....e Rubén fixo de Macario!!!! Como gustounos moito o conto en chinés decidimos facer os nosos propios Macarios con plastilina. QUEREDES XOGAR CON ESTE CONTO?